10/5/16

Labirinto en 3D




Utilizando goma eva para facer as paredes, fomos pegando anacos

sobre o labirinto. Deste xeito, e despois de moito traballo,

rematamos estes labirintos en 3 dimensións.




Xogo de pelota e vaso




Volvemos a facer uso, unha vez máis, de materiais de refugallo.

Utilizando as botellas de auga que sobran no comedor, fixemos

estes xoguetes tan bonitos. O esforzo mereceu a pena, unha vez

vemos o resultado final!







Repoboando os montes





Na clase de 4º estivemos facendo estas árbores con materiais de refugallo.

Botándolle un pouco de imaxinación decorando tubos de papel

hixiénico, fixemos estas frondosas maceiras.