25/9/16

BUZÓN DAS EMOCIÓNS

O venres fixemos a inauguración do noso recanto das emocións e o gabinete de abogados deu apertura ao buzón das emocións , onde todo o alumnado ao longo da semana pode engadir unha das tarxetas disponibles ( azul para os agradecementos, rosa para as dedicatorias, vermello para queixas ou verde para suxestións)

Esta semana o Gabinete tivo pouco traballo porque no buzón solo había dedicatorias ( a afortunada foi a mestra!). Esto indica que a convivencia da aula vai polo bo camiño. Aproveitamos para falar das emocións e de como nos fan sentir as dedicatorias e agradecementos e de como nos sentimos ante as pelexas ou faltas de respeto e compañerismo e das posibles alternativas para a resolución dos conflictos.

Ata a próxima semana, que teñades unha semana chea de grandes emocións e sentimentos!

NORMAS DE CONVIVENCIA

XA TEMOS A NOSA CLASE, OS NOSOS RECUNCHOS E NORMAS DE ORGANIZACIÓN E CONVIVENCIA, E QUEREMOS APROVEITAR PARA DAR A COÑECER AO RESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO É A AULA DE TERCEIRO.

"TODOS PARA UN E UN PARA TODOS"



ESTE VAI SER O LEMA DA NOSA FILOSOFÍA DE AULA.

O TRABALLO EN EQUIPO E A COLABORACIÓN PARA UN BO FUNCIONAMENTO E ÉXITO COLECTIVO.

PARA QUE ESTE LEMA SEXA EFECTIVO FOI PRECISO COAS APORTACIÓNS DE TODOS CREAR O NOSO DECÁLOGO DE CONVIVENCIA, ILUSTRALO E PEGALO NUN LUGAR VISIBLE DA AULA, ONDE PODAMOS RECURRIR CADA VEZ QUE SEXA PRECISO.

PARA A SÚA ELABORACIÓN TIVEMOS EN CONTA AS ACCIÓNS QUE CONSIDERAMOS POSITIVAS E NEGATIVAS PARA TODOS. E ASÍ XURDIU CADA UNHA DELAS!

NON PODEMOS ESQUECER QUE A NOSA AULA NON É UNHA AULA CALQUERA POIS TEMOS A SORTE DE SER UN AULA DIVERSA, ONDE CADA UN DE NÓS TEN AS SUAS PECULIARIDADES E NECESIDADES DIFERENTES, E DE AHÍ XURDE A NOSA REGRA NÚMERO 1:

"SOMOS A CLASE DO RUIDO CERO"

O RUIDO E PERXUDICIAL PARA CADA UN DE NÓS, POIS DISPERSA A NOSA ATENCIÓN, PERXUDICA O RESPETO CANDO OUTROS FALAN, PERO ADEMAIS PERXUDICA GRAVEMENTE A YOLI E A PROFE , POIS PERTURBA A CONCENTRACIÓN O SOSIEGO E A CALMA. POR ISO TODOS NOS COMPROMETEMOS A CUMPLIR OS COMPROMISOS ACORDADOS.

PORQUE SOMOS:

"TODOS PARA UN E UN PARA TODOS!

OS DEIXAMOS UNHAS IMAXES DE COMO QUEDOU O NOSO DECÁLOGO E COMPROMISOS,

(Preme no seguinte enlace para acceder a presentación das imáxenes)

Normas de aula e traballo cooperativo.

PANEL DE VOCABULARIO E ORTOGRAFÍA

Onte Uxía estrenou o noso taboleiro de "OBSERVACIÓN", onde imos ir poñendo en posit as faltas de ortografía que detectemos correxidas, como por ejemplo "Tigeras" que Uxía escribiu con "g" e coa axuda de todos deuse conta que era con "j" e escribiuna correctamente no panel de ortografía e vocabulario para recordo e observación de todos. Johan escribiu no marcapáxinas que creamos para a "Hora de Ler", sen "H", así que tamén a trasladou o panel de observación.
Moi ben Uxía e Johan, Nesta clase sabemos aprender dos erros.

 



19/9/16

PROXECTO EMOCIONARIO

Hoxe tivemos a primeira clase de valores. Este ano imos investigar sobre as emocións, a súa identificación, expresión, control,...

O primeiro que fixemos antes de explorar o libro que trouxo a mestra foi intentar explicar coas nosas propias palabras que é iso das emocións:

-Carla pensaba que non sabía como expresalo ata que finalmente pensou que algo tiña que ver cos sentimentos.
Uxía díxonos que podiamos expresalas con palabras, coa cara, con todo o corpo. Para rematar o resto dos compañeiros enumeraron un montón de emocións que coñecían.
Tamén falamos da importancia que teñen, para que serven,...

Comezamos por xogar a descubrir emocións nas seguintes escenas do film que podedes atopar no seguinte enlace ( https://www.youtube.com/watch?v=vsFERoAz448 ).Xogamos a imitar o "Rock das emocións"
E xa para rematar comezamos a explorar o libro "EMOCIONARIO". Tiña un índice peculiar cheo de emocións.
A mestra mostrou a imaxen da primeira emocion, observamos e expresamos o que a escena parecía, que sentimentos e emocións despertaba, porqué,... E por último , xa para rematar a mestra fixo a lectura do texto pero sen decir o nome da emoción ata que conseguimos acertala!

TERNURA

Falamos de mais situacións que nos despertaran ternura e improvisamos un pequeno fotocall de emocións para intentar interpretar libremente a TERNURA.

 

Estas son algúns dos intentos! Temos que seguir practicando!

Nas seguintes sesións remataremos as actividades escritas onde plasmar o aprendido sobre a TERNURA. Ata o xoves que ben!



14/9/16

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Xa comenzou o curso e volvemos a retomar o contacto cos nosos compañeiros/as de clase. Para presentarnos fixemos un xogo, onde tiñamos que imitar o animal que nos  tocou na tarxeta escollida dunha caixa o azar e buscar a nosa parella sen poder recurrir a falar.

Foi moi divertido! Pareciamos un zoo!


(disculpade a calidade da imaxen pero o peso do video non permitía baixalo sen perder calidade, iremos mellorando!)

Cando cada un tiña a súa parella, un por un nos fomos presentando e falando do que fixéramos no verán.

Para rematar, cada un foise coa sua parrella as mesas para facernos mutuamente unha entrevista.
 

12/9/16

VOLTA AO COLE!

Hoxe estrenamos o noso panel de festexos e celebracións,

A volta ao cole!!   

É o primeiro día de clase despois do verán, e as aulas volven cobrar vida. 

Benvidos a escola,  os desexamos a todos e todas dende a aula de 3º un bo curso 2016-2017!