14/6/16

Marcapáxinas de goma eva

Os rapaces de primeiro estiveron facendo uns marcapáxinas de goma eva con forma de paxaro... Divertidos e prácticos, parece que se esconden dentro dos libros.


Entre multiplicacións anda o xogo

A mellor maneira de aprender é xogando. Por iso, na clase de 3º, estivemos facendo este xogo interactivo para practicar as táboas de multiplicar. Desa maneira, tendemos unha ponte entre estas dúas materias tan interesantes: as matemáticas e a educación artística. Realizando este traballo tamén vimos unha maneira de reutilizar materiais de refugallo; nesta ocasión unha caixa de cartóns de leite e os tapóns deses cartóns.



Xoaniñas voadoras

Os rapaces de 1º e 2º de primaria estiveron facendo novos compañeiros... Esperemos que se leven ben.
Volvemos facer uso de materiais de refugallo para os traballos de plástica; neste caso, usamos oveiras. É incrible a cantidade de cousas interresantes que se poden facer co lixo que tiramos cada día!!



Vincent Van Gogh

Estes días estivemos dando unha unidade didáctica sobre Vincent Van Gogh. Despois de ver unhas pinceladas da súa vida e obra, estivemos pintando con acuarelas unha das súas obras máis famosas, a “Noite estrelada”.