25/11/16

As etapas da vida.

No primeiro tema de Ciencias Naturais fixemos un traballo coas imáxenes de membros da nosa familia ou veciños, clasificándoas nas distintas etapas da vida e creamos un mural moi divertido onde había fotos de moitos de nós ou nosos proxenitores de cando eran bebes.
Nuria Fernandez Fariñas de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

MAGOSTO 2016

Finalmente o tempo deixou realizar o ansiado Magosto. Un día fantástico , agotador! pero sin dúvida valeu a pena. O alumnado de terceiro superou con éxito  o seu estreno na tradición da escola e subiu os case 6 Km ata a o merendeiro onde pasamos unha maña divertida en comapañía dos nosos compañeir@s e mestr@s. Ata o ano que ven!
Nuria Fernandez Fariñas de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

O MAGOSTO XA CHEGOU.

Os alumnos de 3º, 4º , 5º e 6º foron andando e os alumnos de 4,5 anos foron en autobús igual que 1º e 2º e algúns de 3º. Arriba ao chegar xogamos. Despois merendamos e comemos castañas, tamén fixemos cabanas con paus e algúns volveron a pé e outros en autobús. O pasamos moi ben.

Reportera: Noa.
Redactora: Uxía.
Ilustrador Nico.

19/11/16

Radio Oia 3º primaria

Esta semana na aula de 3º estivemos facendo os nosos primeiros pinitos co programa speaker, co fin de intentar crear un programa de radio. Para elo o primeiro que fixemos foi elexir o tema de debate, repartir os roles, elexindo moderadora ( a mestra), invitados ( o alumnado), elexir os efectos especiais (aplausos, música,...). Publicidade  e axudante de moderador (Xavi, por decisión voluntaria), e guión de preguntas e invitados asignados a cada unha delas.
O tema elexido foi Un tema de actualidades no noso sistema educativo "Os dispositivos móviles e o traballo colaborativo ", un tema de actualidade nas metodoloxias innovadoras na escola e na vida diaria do alumnado deste siglo, como así o demostra o noso programa onde en cada fogar os cativos crecen rodeados de tecnoloxia e están acostumbrados as relacions indirectas e a distancia.
Deixamos a continuación a nosa primeira emisión, ata próximos episodios. Esperamos sexa do voso interese.

1º episodio:
https://www.spreaker.com/episode/9898377

2º episodio:
https://www.spreaker.com/episode/9898422

17/11/16

Emocionario:Odio.

Hoxe Ero grabó co programa Zoobe, a sus explicación sobre a emoción do "Odio", despois de elexir o seu avatar. Este foi o resultado.





Preme no enlace seguinte para acceder a presentación.


15/11/16

Aniversario de Carla

O martes festexamos o aniversario de Carla cunha rosca riquísima. Sopramos a vela e cantamos. Entre todos démoslle unha aperta enorme!!

FELICIDADES CARLA!!!!


11/11/16

O Leite e os seus derivados

Durante o primeiro trimestre fixemos un traballo de investigación sobre "O leite e os seus derivados". Investigamos de donde ben, características, para que serve, como se elabora,... Incluso tivemos unha degustación sobre productos lácteos da man das cocineras Uxía e Carla, que estaba excelente.
E este foi o resultado.
 
A Leite e os seus derivados by Slidely Slideshow

10/11/16

Traballo cooperativo: O sistema solar.

No tema 1 de sociais, "O sistema Solar"fixemos o noso primeiro traballo por equipos. Dividimos a clase por paralelas, para finalmente facer o noso sistema solar. Cada parella encargouse dum planeta do noso sistema solar e investigue sobre el. E o resultado foi impresionante!



OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR. by Slidely Slideshow

Emocionario: O Amor.

Esta vez, na clase de valores, foi a nosa compañeira Carla, a que tivo que elixir o seu avatar e escenario para explicarnos co programa tellagami o sentimiento e emoción elexido: "O Amor". E este foi o resultado:
                               


8/11/16

Aniversario de Pablo.

A finales do mes pasado festexamos o aniversario do noso compañeiro Pablo. Trouxo uns postres moi ricos con nocilla, para chuparse os dedos! Cantamos o cumpreanos feliz e bailamos en honor ao  noso amigo!



FELICIDADES PABLO!

Aniversario de Daniela.

O pasado 9 de Outubro festexamos o aniversario de Daniela cunha tarta de tres chocolates que estaba de morte! Como homenaxe cada un de nos foi decindo unha dedicatoria como agasallo destacando as cousas positivas que todos temos, e nesta ocasión Daniela. Tivemos  incluso unha dedicatoria moi moi especial que sacou as cores da nosa homenaxeada. Cantamos e felicitamos a Nosa compi, porque é unha chica excelente e sempre o será, e sempre o será! Felicidades Daniela!.

4/11/16

A NOSA AULA "TODOS PARA UN E UN PARA TODOS!

HOXE IMOS PRESENTAROS OS RECANTOS,  PANEIS E DIFERENTES ESPAZOS E TABOLEIROS DA NOSA CLASE, PORQUE APRENDER TEN QUE SER ALGO DIVERTIDO E ORGANIZADO.

Este ano supón novos retos ( uso de libretas, bolígrafos,..) e novas e amplas esixencias ( mais contidos e mais dificultade) polo que precisamos de novas estratexias de aprendizaxe que colaboren de maneira sistematizada a creación dun hábito de estudo autónomo, planificado e sen improvisación. Por todo esto, na nosa aula temos presentes todas as intelixencias precisas para o éxito do aprendizaxe, sen esquecer ningunha delas ( as emocións, o arte, a expresión, o ocio, a lóxica, as relacións e o traballo en equipo, el movimiento e o traballo individual e as Novas tecnoloxías, ...) e todo esto trasladase o espazo que ocupamos nas diferentes zonas de acividades da aula e aos tempos destinados para cada actividade ao longo da xornada escolar.


Esperamos os gusten e dende casa colaboredes a contribuir e manter  a  nosa autonomía, responsabilidade e hábito de estudo.


Nuria Fernandez Fariñas de Slidely by Slidely Slideshow

Samain


A clase de 3º vestiuse de medo para festexar co resto do cole a festa do Samain. Para iso estivemos cantando bailando na clase.
Tamén tivemos unha merenda terrorífica grazas a colaboración das familias con aportacións inmellorables ata para Arguiñano.
O cole decorouse coas cabazas de todo o alumnado mostrando un inxenio admirable. Polo que ante a dificultade para seleccionar os ganadores do concurso de cabazas, decidiuse dar un premio por aula. Na nosa aula Eva foi a ganadora pola sua fantastica, creativa e traballa cabaza en forma de Faro.
¡Felicidades Eva!






Nuria Fernandez Fariñas de Slidely by Slidely Slideshow

XOGA E REPASA OS NÚMEROS ROMANOS


Clica sobre o seguinte enlace para acceder as actividades

A través do seguinte enlace tedes mais xogos e actividaes para repasar e practicar cos números romanos.



3/11/16

A TERNURA.

Hoxe na clase de Valores explicamos a modo de repaso coas cosas palabras  as emoción traballadas no noso percorrido polo Emocionario.

Uxía explicounos a todos a través dunha animación con tellagami, que é a TERNURA, despois de construir  unha explicación  e redacción entre todos.

Este foi o resultado.


28/10/16

NOTICIA: FESTAS EN OIA


O fin de semana do 15 e 16 de Outubro foron as festas de Oia en honor a San Cosme e San Damián. Foron ao lado da iglesia. Había orquesta e hinchables. A festa fora suspendida o día 24 de setembro por culpa do tempo. A fest afoi amenizada pola Orquesta Ciudad Cristal acompañados do grupo Ciclón.



Reportera: Eva.
Redactora: Carla.
Ilustrador: Pablo.

7/10/16

La enfermedad de la profe.

Esta semana arranca nuestra sección de noticias en el blog, y se estrena nuestro primer gabinete de prensa con su primer noticia de la semana.

La enfermedad de la profe.

"La profesora Nuria, estuvo de baja 3 días por unas cuantas placas en la garganta. Le duele bastante al tragar. Ya nos echábamos de menos, ella a nosotros y nosotros a ella. Cuando nos volvimos a ver, nos entraron ganas de darle un abrazo."

 LA PROFE EN EL CENTRO DE SALUD.

Muchos besos profe.

Gabinte de Prensa:

Redactor (Lucas)  /  Ilustrador (Xavi)  /  Reportero (Brais)

25/9/16

BUZÓN DAS EMOCIÓNS

O venres fixemos a inauguración do noso recanto das emocións e o gabinete de abogados deu apertura ao buzón das emocións , onde todo o alumnado ao longo da semana pode engadir unha das tarxetas disponibles ( azul para os agradecementos, rosa para as dedicatorias, vermello para queixas ou verde para suxestións)

Esta semana o Gabinete tivo pouco traballo porque no buzón solo había dedicatorias ( a afortunada foi a mestra!). Esto indica que a convivencia da aula vai polo bo camiño. Aproveitamos para falar das emocións e de como nos fan sentir as dedicatorias e agradecementos e de como nos sentimos ante as pelexas ou faltas de respeto e compañerismo e das posibles alternativas para a resolución dos conflictos.

Ata a próxima semana, que teñades unha semana chea de grandes emocións e sentimentos!

NORMAS DE CONVIVENCIA

XA TEMOS A NOSA CLASE, OS NOSOS RECUNCHOS E NORMAS DE ORGANIZACIÓN E CONVIVENCIA, E QUEREMOS APROVEITAR PARA DAR A COÑECER AO RESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO É A AULA DE TERCEIRO.

"TODOS PARA UN E UN PARA TODOS"



ESTE VAI SER O LEMA DA NOSA FILOSOFÍA DE AULA.

O TRABALLO EN EQUIPO E A COLABORACIÓN PARA UN BO FUNCIONAMENTO E ÉXITO COLECTIVO.

PARA QUE ESTE LEMA SEXA EFECTIVO FOI PRECISO COAS APORTACIÓNS DE TODOS CREAR O NOSO DECÁLOGO DE CONVIVENCIA, ILUSTRALO E PEGALO NUN LUGAR VISIBLE DA AULA, ONDE PODAMOS RECURRIR CADA VEZ QUE SEXA PRECISO.

PARA A SÚA ELABORACIÓN TIVEMOS EN CONTA AS ACCIÓNS QUE CONSIDERAMOS POSITIVAS E NEGATIVAS PARA TODOS. E ASÍ XURDIU CADA UNHA DELAS!

NON PODEMOS ESQUECER QUE A NOSA AULA NON É UNHA AULA CALQUERA POIS TEMOS A SORTE DE SER UN AULA DIVERSA, ONDE CADA UN DE NÓS TEN AS SUAS PECULIARIDADES E NECESIDADES DIFERENTES, E DE AHÍ XURDE A NOSA REGRA NÚMERO 1:

"SOMOS A CLASE DO RUIDO CERO"

O RUIDO E PERXUDICIAL PARA CADA UN DE NÓS, POIS DISPERSA A NOSA ATENCIÓN, PERXUDICA O RESPETO CANDO OUTROS FALAN, PERO ADEMAIS PERXUDICA GRAVEMENTE A YOLI E A PROFE , POIS PERTURBA A CONCENTRACIÓN O SOSIEGO E A CALMA. POR ISO TODOS NOS COMPROMETEMOS A CUMPLIR OS COMPROMISOS ACORDADOS.

PORQUE SOMOS:

"TODOS PARA UN E UN PARA TODOS!

OS DEIXAMOS UNHAS IMAXES DE COMO QUEDOU O NOSO DECÁLOGO E COMPROMISOS,

(Preme no seguinte enlace para acceder a presentación das imáxenes)

Normas de aula e traballo cooperativo.

PANEL DE VOCABULARIO E ORTOGRAFÍA

Onte Uxía estrenou o noso taboleiro de "OBSERVACIÓN", onde imos ir poñendo en posit as faltas de ortografía que detectemos correxidas, como por ejemplo "Tigeras" que Uxía escribiu con "g" e coa axuda de todos deuse conta que era con "j" e escribiuna correctamente no panel de ortografía e vocabulario para recordo e observación de todos. Johan escribiu no marcapáxinas que creamos para a "Hora de Ler", sen "H", así que tamén a trasladou o panel de observación.
Moi ben Uxía e Johan, Nesta clase sabemos aprender dos erros.

 



19/9/16

PROXECTO EMOCIONARIO

Hoxe tivemos a primeira clase de valores. Este ano imos investigar sobre as emocións, a súa identificación, expresión, control,...

O primeiro que fixemos antes de explorar o libro que trouxo a mestra foi intentar explicar coas nosas propias palabras que é iso das emocións:

-Carla pensaba que non sabía como expresalo ata que finalmente pensou que algo tiña que ver cos sentimentos.
Uxía díxonos que podiamos expresalas con palabras, coa cara, con todo o corpo. Para rematar o resto dos compañeiros enumeraron un montón de emocións que coñecían.
Tamén falamos da importancia que teñen, para que serven,...

Comezamos por xogar a descubrir emocións nas seguintes escenas do film que podedes atopar no seguinte enlace ( https://www.youtube.com/watch?v=vsFERoAz448 ).Xogamos a imitar o "Rock das emocións"
E xa para rematar comezamos a explorar o libro "EMOCIONARIO". Tiña un índice peculiar cheo de emocións.
A mestra mostrou a imaxen da primeira emocion, observamos e expresamos o que a escena parecía, que sentimentos e emocións despertaba, porqué,... E por último , xa para rematar a mestra fixo a lectura do texto pero sen decir o nome da emoción ata que conseguimos acertala!

TERNURA

Falamos de mais situacións que nos despertaran ternura e improvisamos un pequeno fotocall de emocións para intentar interpretar libremente a TERNURA.

 

Estas son algúns dos intentos! Temos que seguir practicando!

Nas seguintes sesións remataremos as actividades escritas onde plasmar o aprendido sobre a TERNURA. Ata o xoves que ben!



14/9/16

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Xa comenzou o curso e volvemos a retomar o contacto cos nosos compañeiros/as de clase. Para presentarnos fixemos un xogo, onde tiñamos que imitar o animal que nos  tocou na tarxeta escollida dunha caixa o azar e buscar a nosa parella sen poder recurrir a falar.

Foi moi divertido! Pareciamos un zoo!


(disculpade a calidade da imaxen pero o peso do video non permitía baixalo sen perder calidade, iremos mellorando!)

Cando cada un tiña a súa parella, un por un nos fomos presentando e falando do que fixéramos no verán.

Para rematar, cada un foise coa sua parrella as mesas para facernos mutuamente unha entrevista.
 

12/9/16

VOLTA AO COLE!

Hoxe estrenamos o noso panel de festexos e celebracións,

A volta ao cole!!   

É o primeiro día de clase despois do verán, e as aulas volven cobrar vida. 

Benvidos a escola,  os desexamos a todos e todas dende a aula de 3º un bo curso 2016-2017!




14/6/16

Marcapáxinas de goma eva

Os rapaces de primeiro estiveron facendo uns marcapáxinas de goma eva con forma de paxaro... Divertidos e prácticos, parece que se esconden dentro dos libros.


Entre multiplicacións anda o xogo

A mellor maneira de aprender é xogando. Por iso, na clase de 3º, estivemos facendo este xogo interactivo para practicar as táboas de multiplicar. Desa maneira, tendemos unha ponte entre estas dúas materias tan interesantes: as matemáticas e a educación artística. Realizando este traballo tamén vimos unha maneira de reutilizar materiais de refugallo; nesta ocasión unha caixa de cartóns de leite e os tapóns deses cartóns.



Xoaniñas voadoras

Os rapaces de 1º e 2º de primaria estiveron facendo novos compañeiros... Esperemos que se leven ben.
Volvemos facer uso de materiais de refugallo para os traballos de plástica; neste caso, usamos oveiras. É incrible a cantidade de cousas interresantes que se poden facer co lixo que tiramos cada día!!



Vincent Van Gogh

Estes días estivemos dando unha unidade didáctica sobre Vincent Van Gogh. Despois de ver unhas pinceladas da súa vida e obra, estivemos pintando con acuarelas unha das súas obras máis famosas, a “Noite estrelada”.






10/5/16

Labirinto en 3D




Utilizando goma eva para facer as paredes, fomos pegando anacos

sobre o labirinto. Deste xeito, e despois de moito traballo,

rematamos estes labirintos en 3 dimensións.