4/11/16

A NOSA AULA "TODOS PARA UN E UN PARA TODOS!

HOXE IMOS PRESENTAROS OS RECANTOS,  PANEIS E DIFERENTES ESPAZOS E TABOLEIROS DA NOSA CLASE, PORQUE APRENDER TEN QUE SER ALGO DIVERTIDO E ORGANIZADO.

Este ano supón novos retos ( uso de libretas, bolígrafos,..) e novas e amplas esixencias ( mais contidos e mais dificultade) polo que precisamos de novas estratexias de aprendizaxe que colaboren de maneira sistematizada a creación dun hábito de estudo autónomo, planificado e sen improvisación. Por todo esto, na nosa aula temos presentes todas as intelixencias precisas para o éxito do aprendizaxe, sen esquecer ningunha delas ( as emocións, o arte, a expresión, o ocio, a lóxica, as relacións e o traballo en equipo, el movimiento e o traballo individual e as Novas tecnoloxías, ...) e todo esto trasladase o espazo que ocupamos nas diferentes zonas de acividades da aula e aos tempos destinados para cada actividade ao longo da xornada escolar.


Esperamos os gusten e dende casa colaboredes a contribuir e manter  a  nosa autonomía, responsabilidade e hábito de estudo.


Nuria Fernandez Fariñas de Slidely by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario