17/1/17

FESTA FIN DE ANO 2017

Como o fin de ano sucede durante as vacacións de Nadal e nunca podemos festexala cos nosos compis, na aula de 3º decidimos facer o noso simulacro de fin de ano cos compañeir@s da clase.

Contamos coa colaboración excepcional da nai de Uxía ( Rosi) para a elaboración da parte culinaria: ensinounos a facer turrón de suchard riquísimo!!!! e a decorar con fondant de cores uns biscoitos con forma de papa noel, árbore de nadal e un boneco de neve!! 

Como boa festa de fin de ano non podía faltar o poñerse guapo, así que coa axuda do cotillón, barra de labios e bo humor, quedamos guapísimos para o evento. 

Tampouco poden faltar as campanadas e as uvas! Esta vez coa pizarra dixital, cañón e internet trasládomonos a porta do Sol en Madrid, con presentadores, cuartos e campanadas fomos comendo as doce tradicionais froitas ( aqueles exquisitos que non tiveron valor coas uvas poideron cambialas por mandarina). 

Abrazos, felicitacións e brindis polo novo ano 2017, coa visita de Papa Noel e todo, foi un pouco sorprendente!!! 

En toda celebración que se tercie non pode faltar a festa! a música! o baile! Así que a bailar!!!!! 

E cando xa parecía que non quedaba mais!!! Como remata cada fin de ano!!????? 

Pois recibindo o ano novo por todo o alto con chocolatada e churros!!!!!!!!! Outra vez Rosi deixounos boquiabertos cos seus churros caseiros que ata os que non os habían probado nunca pedían repetir!!! e un chocolate para mollar e non parar!! 

Xa non queda nada mais que desexarvos a todos e todas un Feliz Ano Novo 2017!!!!!!! e agradecer a nai de Uxía a súa axuda, colaboración, entusiasmo e invitala a volver cando queira porque quedamos abraiados!!! 

  FELIZ ANO NOVO 2017!

Nuria Fernandez Fariñas de Slidely by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario