25/9/16

BUZÓN DAS EMOCIÓNS

O venres fixemos a inauguración do noso recanto das emocións e o gabinete de abogados deu apertura ao buzón das emocións , onde todo o alumnado ao longo da semana pode engadir unha das tarxetas disponibles ( azul para os agradecementos, rosa para as dedicatorias, vermello para queixas ou verde para suxestións)

Esta semana o Gabinete tivo pouco traballo porque no buzón solo había dedicatorias ( a afortunada foi a mestra!). Esto indica que a convivencia da aula vai polo bo camiño. Aproveitamos para falar das emocións e de como nos fan sentir as dedicatorias e agradecementos e de como nos sentimos ante as pelexas ou faltas de respeto e compañerismo e das posibles alternativas para a resolución dos conflictos.

Ata a próxima semana, que teñades unha semana chea de grandes emocións e sentimentos!

1 comentario:

JC dijo...

Hola, Nuria. Muy interesante todo lo que nos vas contando. Más que nada por dejar constancia de que algunos ya vamos siguiendo el blog...:)

Publicar un comentario