19/9/16

PROXECTO EMOCIONARIO

Hoxe tivemos a primeira clase de valores. Este ano imos investigar sobre as emocións, a súa identificación, expresión, control,...

O primeiro que fixemos antes de explorar o libro que trouxo a mestra foi intentar explicar coas nosas propias palabras que é iso das emocións:

-Carla pensaba que non sabía como expresalo ata que finalmente pensou que algo tiña que ver cos sentimentos.
Uxía díxonos que podiamos expresalas con palabras, coa cara, con todo o corpo. Para rematar o resto dos compañeiros enumeraron un montón de emocións que coñecían.
Tamén falamos da importancia que teñen, para que serven,...

Comezamos por xogar a descubrir emocións nas seguintes escenas do film que podedes atopar no seguinte enlace ( https://www.youtube.com/watch?v=vsFERoAz448 ).Xogamos a imitar o "Rock das emocións"
E xa para rematar comezamos a explorar o libro "EMOCIONARIO". Tiña un índice peculiar cheo de emocións.
A mestra mostrou a imaxen da primeira emocion, observamos e expresamos o que a escena parecía, que sentimentos e emocións despertaba, porqué,... E por último , xa para rematar a mestra fixo a lectura do texto pero sen decir o nome da emoción ata que conseguimos acertala!

TERNURA

Falamos de mais situacións que nos despertaran ternura e improvisamos un pequeno fotocall de emocións para intentar interpretar libremente a TERNURA.

 

Estas son algúns dos intentos! Temos que seguir practicando!

Nas seguintes sesións remataremos as actividades escritas onde plasmar o aprendido sobre a TERNURA. Ata o xoves que ben!



No hay comentarios:

Publicar un comentario